axudas e subvencións

Bonos Talento Empresa

Os Bonos Talento Empresa destínanse á realización de proxectos formativos de curta duración que teñen como obxectivo mellorar as capacidades das empresas e contribuir ao desenvolvemento profissional dos seus cadros de persoal.

A quen se destinan?

Microempresas e pequenas empresas, así como entidades do terceiro sector da acción social, e personas traballadoras autónomas que teñan contratadas a seu cargo a persoas traballadoras por conta allea.

Que gastos son subvencionables?

Todos aqueles derivados das accións formativas de carácter non formal de curta duración, destinadas a contribuir ao desenvolvemento profesional das persoas traballadoras ocupadas por conta allea do plantel. Os ámbitos formativos inclúen:

  • Competencias dixitais, dende a dixitalización básica ata a adquisición de competencias e coñecementos técnicos avanzados
  • Competencias vinculadas á xestión empresarial, incluíndo competencias de xestión de persoal e equipos, xestión eficiente dos recursos, a toma de decisións e a planificación estratéxica
  • Procesos industriais, incluíndo a manipulación de maquinaria especializada, coñecementos e técnicas do ámbito da construcción, técnicas de soldadura,…
  • Competencias de prestación de servizos a clientes, tanto vinculadas a promocionar, vender e comprar produtos ou servizos.
  • Competencias do ámbito asistencial, incluíndo a prestación de cuidados, técnicas e coñecementos sanitarios, de diagnóstico ou de medicina preventiva.

Cal é a cuantía da axuda?

A cuantía máxima da subvención por entidade solicitante non poderá ser superior a 25.000 €.

Plazo de presentación

Aberto, ata o 3 de novembro do 2023.

Cómo solicitala?

Se estás interesado/a nos Bonos Talento Empresa TR302D da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, contacta agora con nós a través de info@alberteasesores.com

En que máis che podemos axudar? Descúbreo

×